Qué é Apecsa
A Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA) naceu en Portomarín (Lugo) en 1993. Está integrada por máis de medio cento de xornalistas de Galicia, Burgos, Valladolid, Madrid, Francia, Suecia, Dinamarca, Italia, Portugal e Brasil. A súa finalidade é tripla: · divulgar nos medios onde traballan os seus afiliados a maior cantidade de información posible referente ao Camiño de Santiago, entendendo que así se protexe o espazo físico e se potencian os seus valores culturais, históricos, relixiosos e económicos. · colaborar con todos os xornalistas que veñen a Galicia a cubrir informacións referentes ao Camiño. · promover actos que poñan en contacto a xornalistas expertos no Camiño con outros que en absoluto o son. Á fronte da Xunta Directiva está desde a súa fundación
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
(La Voz de Galicia), xunto cos vicepresidentes
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
(xefe de prensa da Universidade de Santiago) e
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
(responsable de comunicación do Consello da Cultura Galega). |